Galego de cine

A caravana Galego de cine da Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística proxectará curtas de animación en galego para nenos e nenas de 6 a 12 anos o próximo 1 de abril no exterior do CPI San Vicente a partir das 16.00 h.

Os/As vinte nenos e nenas que se inscriban previamente na casa do concello poderán tamén participar nunha serie de actividades que lles permitirán ter un papel activo no achegamento ao cinema en lingua galega: actividades de comprensión do filme, confección dun conto orixinal e fase de vídeo-matón.

Este grupo de nenos e nenas participarán nun concurso onde se premiarán os mellores contos en galego contados ante a cámara. Os/as gañadores/as recibirán o libro-DVD O soldadiño de chumbo.

Ficha de inscrición

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.