As persoas participantes no Club de Lectura Barcala en Galego reuniranse o próximo 7 de maio de 2013, en horario de 16.00 a 17.00 h na casa de cultura para comentar o libro Tardes con Margueritte de Marie-Sabine Roger e para escoller a/s lectura/s para o próximo mes.
Autor: | Marie-Sabine Roger |
Título: | Tardes con Margueritte |
Data de lectura: | abril de 2013 |
Comentarios: | “Esta é unha novela para rir, para pensar, para sentir, para emocionarse. Esta é unha historia con dous personaxes inesquecibles. Por unha banda, Germain, na mediana idade e pasado de quilos e de tristura (interpretado maxistralmente no cine por Gerard Depardieu). Por outra, Margueritte, unha velliña adorable que sabe todo o que hai que saber sobre os libros e, sobre todo, coñece cal é a súa forza e como nos poden cambiar a vida para sempre”(Editorial Galaxia) |
Ademais, no noso club imos ler nas próximas sesións poemas do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro con motivo de celebrar o 150 aniversario da súa publicación.
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodabana.es) ao que poden tamén acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodabana.es).