As persoas participantes no Club de Lectura Barcala en Galego reuniranse o próximo 5 de novembro de 2013, en horario de 16.00 a 17.00 h na casa de cultura para comentar o libro O gardián invisible de Dolores Redondo e para escoller a/s lectura/s para o próximo mes.
Autora: | Dolores Redondo |
Título: | O gardián invisible |
Data de lectura: | outubro de 2013 |
Comentario: | “Dolores Redondo Meira, unha autora vasca de ascendencia galega, constrúe en O gardián invisible, a súa segunda novela, un thriller orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras.A inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora Elizondo, a súa vila natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu pasado.
Unha novela vibrante, que deixa sen alento a quen a le.” (Edicións Xerais de Galicia)
|
Ademais, no noso club continuaremos lendo nas próximas sesións poemas do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro con motivo de celebrar o 150 aniversario da súa publicación.
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodabana.es) ao que poden tamén acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodabana.es).