O concerto Os sons do vento que pasa do FalaRedes 2014 chegará á Baña

O Concello da Baña acollerá a actuación de Gonçalo Guerreiro e de Dani Pais o próximo 30 de agosto, ás 19.00 h, na área recreativa de Chans

A Secretaría Xeral de Política Lingüística ofértalle ao Concello da Baña, que forma parte da Rede de Dinamización Lingüística, un concerto de fados en galego para público de todas as idades. Este espectáculo permite un acercamento á música tradicional portuguesa a través da lingua galega, con cancións interpretadas con guitarra eléctrica e pedal de loops; isto confírelles aos fados unha dimensión contemporánea.

O Concello da Baña inclúe esta actividade dentro dunha tarde de lecer que servirá como colofón á programación de verán dedicada á infancia e á mocidade. Ademais deste concerto, as persoas asistentes tamén poderán gozar do espectáculo do clown Rudi Dudi da Rede Cultural 2014 da Deputación da Coruña, ás 17.30 h e de actividades de dinamización da man do voluntariado da Baña que axudou durante todo o verán nas actividades de conciliación ofertadas desde o Concello.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.