Emotiva presentación de Apego en Negreira

A presentación de Apego en Negreira o pasado 30 de xuño, ás 11.00 h, no auditorio novo, estivo cargada de emoción grazas á presenza de familias de embarazadas e con nenos e nenas nacidas neste ano 2015.

As familias puideron recibir as caixas-agasallo das mans do alcalde, Jorge Tuñas; da concelleira de Educación, María Jesús Veiga; do concelleiro Juan Rey (PP) e de Cristina Morquillas (BNG).

Unha das mamás, Silvia Fadeville, que xa forma parte da comunidade Apego, rematou o acto cantando un arrolo para o seu bebé e o de todas as familias presentes. Con esta nana conseguiu entenrecer, emocionar, ilusionar, conmover… Non puido haber mellor remate para este comezo de andaina conxunta da comunidade Apego do val de Barcala.

https://www.facebook.com/radionegreira/videos/vb.255822860562/10152855790165563/?type=2&theater

 

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.