Cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga)

A Dirección Xeral de Educacón, Formación Profesional e Innovación Educativa, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, fixo pública a Resolución pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega (presenciais e en liña) e preparatorios para as probas do Celga (presenciais) nas escolas oficiais de idiomas de Galicia. O prazo para presentar as solicitudes é do 1 ao 10 de setembro deste ano, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e do 2 ao 11 de xaneiro de 2018, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio). Para máis información, premer neste enlace
http://bit.ly/2uLCEq9

Esta entrada fue publicada en Formación. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario