Cantigas ao estilo da Baña

A mocidade voluntaria que colabora no Campamento urbano aproveitou  para recrear cantigas populares ao estilo da Baña. Logo, no concerto de Mamá Cabra, o 31 de agosto, puideron cantar a súa versión de A Carolina da man de Gloria Mosquera e Diego Maceiras, compoñentes do dito grupo.  Isto pode supor un primeiro paso para a libre creación de letras e de músicas que nos poden axudar a expresar o sentir de noso. Aquí queda unha pequena mostra:

Os nenos do campamento

van empezar a chorar,

estamos no mes de agosto,

xa case vai rematar.

Acábase a piscina,

acaba si señor,

comeza o colexio

queiramos si ou non.

Falamos moitos idiomas,

cociñamos en inglés,

coñecemos a pintura

as olimpíadas tamén.

Retrouso

As monitoras da Baña

xogan e cantan tamén,

non acougan un momento,

hai que darlles parabéns.

Retrouso

Fixemos xogos abondo

e pasámolo moi ben,

este ano acabamos,

vémonos para o que vén.

Retrouso

Ao campamento da Baña,

témonos que apuntar

pra troulear todo o día

e xogar sen descansar.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario