A xornada de formación do Club de Debate da edición 2017/18 da zona Teo, Ferrol e Negreira tivo lugar o pasado venres, 16 de febreiro, na casa de cultura de Negreira, en horario de mañá.
O alumnado foi dividido en tres grupos formados por alumnos e alumnas dos distintos centros participantes polo que a mañá se distribuíu en tres quendas durante as cales cada grupo rotou polos tres espazos dedicados a cadanseu bloque de contidos:
1. Regulamento e dinámica do certame
2. Procura de información e construción do argumentario
3. Habilidades comunicativas
Ao rematar as rotacións, reuniuse todo o alumnado participante no auditorio para realizar un ensaio coa escenificación do debate.
Despois da formación, o alumnado deberá continuar coa preparación do tema “A mocidade tamén ten actitudes e comportamentos machistas” para poder competir na fase de zona que será o próximo 9 de abril en Ferrol.