Archivo mensual: mayo 2018

Andaina literaria polas Letras

O pasado 15 de maio de 2018, o CPI San Vicente participou na Andaina literaria polas Letras  que transcorreu polos lugares de Vilarnovo, Canlís, Fampousa, O Castro, Salvande, Xasoso, A Castiñeira e San Vicenzo co obxectivo de conmemorar o Día das … Sigue leyendo

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Taller de xornalismo deportivo

Francisco Rego González (Fran Cañotas), xornalista da Televisión de Galicia, impartiu un taller de xornalismo deportivo, que forma parte da campaña “O galego, a miña lingua propia” da Deputación da Coruña, no IES Xulián Magariños, o pasado mércores, 16 de … Sigue leyendo

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Obradoiro de regueifa III interxeracional

A serie de obradoiros de regueifa concluíu o pasado mércores, 9 de maio de 2018, cun encontro regueifeiro interxeracional entre mocidade e persoas adultas; e, como non, rematou repartindo entre todos a regueifa, unha rosca, que acompañaron cun café. https://www.youtube.com/watch?v=uXfY2hNbbo8

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Foliandaina das Letras 2018

A Foliandaina transcorreu por camiños de Ferraces; a gaita e as pandeiretas acompañaron o andar das persoas participantes que puideron gozar coa música, co baile, coa natureza e coa arquitectura rural.

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Obradoiro de cine na aula do CPI San Vicente da Baña

Na tarde do mércores, 09 de maio de 2018, Andrés Goteira (director) e Suso López (produtor e actor), que forman parte de Gaitafilmes, achegáronse ata o CPI San Vicente para darlle unha charla ao alumnado de secundaria sobre como empregar … Sigue leyendo

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Final do Club de debate 2018

O IES Xulián Magariños de Negreira xunto co IES Luís Seoane de Pontevedra, co CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro e co IES de Bertamiráns participou na fase final do Club de debate en Ferrol o pasado sábado, 5 de … Sigue leyendo

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Obradoiro de regueifa 2

O primeiro que aprenderon as persoas participantes neste obradoiro de regueifa foi que a regueifa serve “para dicir en broma o que non se pode dicir en serio” tal como explicou Olalla Liñares, monitora desta actividade. Todas as persoas alí … Sigue leyendo

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Obradoiro de regueifa 1

Este xoves, 3 de maio de 2018, realizouse o primeiro Obradoiro de regueifa dirixido á mocidade. Neste obradoiro, impartido por Olalla Liñares, participou o alumnado do CPI San Vicenzo, concretamente o que cursa primeiro e segundo de ESO. Foi este … Sigue leyendo

Publicado en Dinamización | Deja un comentario