Este xoves, 3 de maio de 2018, realizouse o primeiro Obradoiro de regueifa dirixido á mocidade. Neste obradoiro, impartido por Olalla Liñares, participou o alumnado do CPI San Vicenzo, concretamente o que cursa primeiro e segundo de ESO.
Foi este un primeiro intento por recuperar a regueifa que xa estivo presente hai moitos anos nesta comarca. Olalla, regueifeira da comarca, conseguiu manter a atención durante 90 min; ela destacou a participación do alumnado, o interese que mostrou en todo momento e o seu bo facer xa que conseguiron regueifar desde o principio.
Este foi o primeiro de tres obradoiros; no seguinte, o próximo mércores, 9 de maio, ás 18.00 h no centro social, van participar só persoas adultas e no último, o xoves, 11 de maio, ás 17.00 h, no centro social, interactuarán as distintas xeracións, as máis novas e as máis vellas.
Na comarca de Barcala tamén hai canteira de persoas regueifeiras!!!