Obradoiro de regueifa no IES Xulián Magariños

Sara Porrit, coa axuda da súa irmá Esther, impartiu un obradoiro de regueifa no IES Xulián Magariños o 19 de xuño de 2018. Este obradoiro estaba dirixido a alumnado de 3º de ESO e nel tamén participou o profesorado asistente.

Para poder regueifar, as alumnas e os alumnos aprenderon os tres segredos principais da regueifa:

  1. Cantar unha melodía.
  2. Pensar o último verso porque é aí onde vai a idea que queremos transmitir.
  3. Axudarse con palabras monosílabas como eu, nós, vós, te, che, vos..
E con estes pequenos consellos todas e todos pasaron un anaco de mañá a regueifar.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario