Actividades do mes de setembro

Dentro do programa Apego, as familias da comarca puideron asistir á actuación de Mamá Cabra, o 15 de setembro no recinto da piscina municipal de Negreira.

Dirixido especialmente ao alumnado máis novo do CEIP O Coto, Pablo Díaz encheu o auditorio do centro sociocultural de Negreira de música e diversión co seu espectáculo Tic, Tac, Toc.

Por outro lado, o programa Redecinema da Secretaría Xeral de Política Lingüística chegou á Praza do Concello da Baña e as familias asistentes puideron gozar dunha noite de cine ao aire libre co filme Pérez, o ratiño dos teus soños.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario