Comezo de actividades do SNL 2018-19

Nesta ocasión comezamos as nosas sesións de Avelaíños e Rebuldeiros cunha sesión de contacontos da man de Trinketrinke Teatro o pasado martes, 2 de outubro e o próximo, 9 de outubro retomaremos as sesións habituais coas familias na bebeteca do centro sociocultural de Negreira en horario de 16.30 a 18.15 h. Os martes primeiro e terceiro de cada mes correspóndelles aos Avelaíños (0-3 anos) e os martes segundo e cuarto aos Rebuldeiros (3-6 anos).

Outra das actividades que ten continuidade é o Curso de galego para inmigrantes que comezaremos o próximo martes, 9 de outubro, en horario de 18.15 a 19.15 h na casa de cultura de Negreira.

Desta vez, as persoas que participan ou que queiran participar no Club de lectura Barcala en galego van fixar as súas sesións presencias para compartir lecturas os martes últimos de mes, ás 19.15 h na casa de cultura de Negreira.

Co fin de axudar as persoas que están a preparar as probas Celga da Secretaría Xeral de Política Lingüística, recuperamos as clases preparatorias o pasado martes, 2 de outubro, e continuaremos todos os martes, en horario de 19.45-21.15 h na casa de cultura de Negreira.

O SNL continúa colaborando, neste curso 2018-19, no Obradoiro de Negreira dependente do IES San Clemente coa formación en lingua galega do ámbito da comunicación.

Esta entrada fue publicada en Dinamización, Formación. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario