O pasado 15 de maio, o alumnado e o profesorado do CPI San Vicente participou na Andaina literaria das Letras 2019 e aproveitaron para recitar coplas populares da zona no lugar de Vesía e para contar contos populares diante da casa de cultura da Baña co fin de homenaxear a Antón Fraguas, autor das Letras Galegas.
A andaina partiu do centro escolar arredor das 10.30 h e continuou polo lugar de Vesía, campo de fútbol de Cartas, Praza do Concello e regreso cara ao colexio por diante do centro médico. No campo de fútbol aproveitaron para merendar e xogar. Foi este un percorrido fácil que incluso o alumnado de infantil foi quen de realizar.