Circuíto pola lingua no campamento urbano

O campamento  urbano do Concello da Baña comezou a semana cunha actividade conxunta co Servizo de Normalización Lingüística que pretendía que o deporte e a lingua fosen da man na xornada do luns, 26 de agosto.  As rapazas e os rapaces, divididos en grupos, foron pasando polas distintas probas entre as que se incluían unha na que tiñan que definir palabras relacionadas co mundo deportivo, outra para escoller palabras sen erros e outra para contar chistes; todo isto nun galego que a cativada bañense domina perfectamente.

Para finalizar a actividade, prepararon unha sesión de fotos de reivindicación da lingua motu proprio. Parabéns para esta cativada que continúa a manter a nosa lingua!

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario