Fantasía musical na clausura do campamento urbano

As familias de Apego da contorna da comarca de Barcala poderán participar da festa musical coas letras do abecedario de Jorge e María que se vai incluír dentro da clausura do campamento urbano do Concello da Baña o próximo venres, 30 de agosto, ás 12.00 h, na área recreativa Agra de Chans.

Fantasía musical é un concerto dinámico, con moita interacción co público, onde diferentes personaxes moi divertidas van aparecendo con cada canción. Pop, hip hop,rock and roll mesturados con textos cheos de fantasía para achegar a poesía á cativada.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario