A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia publica unha convocatoria de probas co fin de obter os certificados de lingua galega (niveis Celga 1, 2, 3 e 4) para este ano 2020. As probas realizaranse nos meses de maio e/ou xuño de 2020 en Santiago de Compostela e Ponferrada, e as datas concretas publicaranse no Diario Oficial de Galicia. O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días, que se contarán a partir do día seguinte ao de publicar esta convocatoria.
Máis información no DOG do 12/03/2020: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200312/AnuncioG0535-090320-0001_gl.pdf