Un xeito diferente de celebrar o Día das Letras Galegas 2020. Este ano, e debido á pandemia da COVID-19, o Concello da Baña propón unha ruta literaria pola parroquia de Cabanas.
Onte, o Concello da Baña estreou o documental ‘Ruta literaria As rapazas de Xan’, que percorre a parroquia de Cabanas amosando os lugares onde vivían as personaxes que Manuel Iglesias Turnes recolleu no seu libro, do mesmo nome, editado por Xerais Narrativa en 2012.
Con este vídeo, producido por Alicentis, o Concello promove unha alternativa que mestura natureza e cultura. Amosa tamén as paisaxes e algunha das zonas que estaba previsto percorrer o 15 de maio nunha andaina, suspendida polo estado de alarma, na que ían participar o alumnado do CPI San Vicente e a veciñanza para inaugurar esta ruta de sendeirismo.
Para ver o vídeo ???? https://youtu.be/ku7aQQZtuCM