“Os Apalpadoriños Trío propoñen unha festa moi pero que moi animada a través de música galega, as panxoliñas, os cantos de reis e os xogos rítmicos e de movemento.
Un equipo magnífico formado por Álvaro Cardalda ao acordeón, Iago Prieto á gaita e Nelson Quinteiro á voz, ukelele, caixón e percusión variada acompañádos do Xigantón do Apalpador.
Unha festa rachada para cantar, brincar e bailar. Un animado concerto e contacontos con contos e xogos de participación en galego, escollendo un repertorio de panxoliñas e cantos populares adaptados á figura do Apalpador. “Os Pitiños”, “O pelo Roxiño”, “Ghedellos de Cabra”,”Miñas Cousas”, “Nun Bou”, “O Malhao”, nunha viaxe pola xeografía galega onde van deixar os agasallos.”