Utopía de Xarope Tulú na Baña

“Utopías é un espectáculo dirixido a todos os públicos que combina a narración oral e a manipulación de obxectos.  A través de diversas historias iremos descubrindo eses mundos invisibles que nos rodean, esoutros xeitos de vivir.  Ratos na procura de novos camiños, rapazas que soben e baixan escaleiras e parrulos, moitos parrulos. Se queres vivir novas aventuras, achégate ao mundo das utopías e déixate levar.”

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario