Os contos da Galicia máxica de Marta Ortiz na Baña

Este espectáculo de narración oral está composto na súa totalidade de contos tradicionais galegos e portugueses. Hai romances, cancións, brinquedos e xogos da nosa tradición e do país veciño, tradicións que gardan con elas costumes e sentires dun pobo. Marta Ortiz pretende poñer en valor a irmandade lingüística que temos Galicia, Portugal e toda a lusofonía. E tamén poñer en valor e achegarlles ás nenas e nenos o noso patrimonio cultural.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario