A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Esta secretaría oferta dúas convocatorias: unha de outubro de 2021 a xaneiro de 2022 e outra de febreiro a maio de 2022 para as que hai que inscribirse respectivamente desde o 1 ao 10 de setembro de 2021 e desde o 4 ao 14 de xaneiro de 2022.
A inscrición debe realizarse telematicamente no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
Pode consultar a convocatoria no DOG núm. 155, do venres, 13 de agosto de 2021.