Archivo mensual: septiembre 2019

U-la lúa? de Celtia Figueiras en Negreira

A igualdade e a non violencia son alicerces da historia da gatiña Lúa, exemplo de constancia e valentía,  que se opón á realidade que padecen nenas e mozas en todo o mundo, ás que se lles nega, en diferentes graos, … Sigue leyendo

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Lista de reprodución ao vivo do proxecto Youtubeir@s

O Proxecto Youtubeir@s pechará o 27 de setembro o prazo de inscrición aos seus premios e convoca para o 3 de outubro en Santiago un encontro entre a comunidade creadora e o público Compostela acollerá o encontro ‘Lista de reprodución … Sigue leyendo

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Bichocas de Xarope Tulú en Negreira

Este martes, 24 de setembro, chegou ao centro socio-cultural de Negreira este espectáculo dirixido á primeira infancia, onde os obxectos e a palabra permiten viaxar a través do mundo animal e aprender a importancia de ser diferentes e de compartir … Sigue leyendo

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Os contos do chupete de Migallas na Baña

As familias de Apego poderán gozar dunha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos e as cativas chucharán contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña.

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Maimiños e Furabolos 2019-20

Comeza o curso de Maimiños e Furabolos con novidades con respecto a anos anteriores; as sesións vanse realizar na casa de cultura os venres segundo e cuarto de cada mes e unha delas consistirá nun espectáculo dirixido non só ás … Sigue leyendo

Publicado en Destacados, Dinamización | Deja un comentario

Visita da Fundación Discapacitados Psíquicos Barcala á bebeteca de Negreira

As persoas que forman a Fundación Discapacitados Psíquicos Barcala visitaron esta semana a bebeteca da casa de cultura de Negreira, lugar onde se realizan os encontros das familias que forman Avelaíños e Rebuldeiros. Alí, aproveitaron para ver como se realizan … Sigue leyendo

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Venres de contacontos pola igualdade

O próximo venres, 13 de setembro, Raquel Queizás visitará a casa de cultura da Baña para contar a historia de Queliña, unha nena que quere ser aviadora e á que lle gusta vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba … Sigue leyendo

Publicado en Dinamización | Deja un comentario