Kolobok, o conto ucraíno

Kolobok

O Concello da Baña vén de publicar o conto tradicional ucraíno Kolobok, cuxo texto e ilustracións foron realizadas por Yulia Melnik e Katia Solianik, voluntarias do Servizo de Voluntariado Europeo na Baña; a tradución do texto correu a cargo do Servizo de Normalización Lingüística do Concello que está subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Deputación da Coruña.

Con este conto, as voluntarias realizaron varias actividades de animación á lectura co grupo de Maimiños e co alumnado da Escola de Educación Infantil de Lañas.

Esta entrada fue publicada en Destacados, Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.