Os alcaldes da Baña e de Negreira participaron na sinatura da addenda do programa Apego no centro Ágora da Coruña, o pasado 9 de abril. Alí estaban representantes políticos de moitos dos 23 concellos que apoian este programa dirixido a familias con nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 6 anos co fin de que manteñan a nosa lingua para relacionarse en todos os ámbitos de uso.
Despois dos discursos de presentación do programa, nos que participaron alcaldes e alcaldesas de cinco concellos entre os que estaban os da comarca de Barcala, as persoas asistentes puideron gozar do concerto “Arrolos de Salitre” con Xabier Díaz e Guille Fernández.