Vanessa de Trinketrinke teatro ten un xardín, turelí. No xardín hai un niño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Espera que dese ovo enorme que nos mostra, naza un paxariño. E fai todos os preparativos necesarios para recibilo da mellor maneira posible. O conto de Turelí Tureló desenvólvese en nove capítulos ou escenas. O seu texto lembra as cantarelas dos xogos infantís. É un conto poético moi sinxelo e apropiado para os primeiros anos.
Mais este non será o único conto que contará Vanessa…