Xa imos pola novena edición do Maratón de contacontos en galego e iso grazas a todas as familias que se animan a participar narrando os seus contos favoritos. Como sempre, este ano tamén haberá un libro infantil de agasallo para quen colabore co seu contacontos.
A continuación, a ratiña Lilí Gruyère de Lonxedetodo virá visitarnos co seu contacontos teatral á casa de cultura para aprendernos un montón de coñecementos que van espertar a nosa curiosidade.