A BAÑA COAS TIC
BLOGALÍZATE NA BAÑA
Blogs e páxinas web en galego que pagan a pena
BASES
PRIMEIRA. Poderán participar todos/as os/as nenos/as deste concello, que cursen educación secundaria.
SEGUNDA. Para poder participar, os/as nenos/as terán que escoller o seu blog ou páxina web preferida en galego.
TERCEIRA. Os/As participantes poderán presentar a súa escolla no CPI San Vicente ou no Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña persoalmente ou a través do correo electrónico snl.abana@gmail.com
CUARTA. Quedarán excluídas todas as propostas que non estean escritas en lingua galega ou que poidan resultar ofensivas porque a súa temática supoña unha discriminación por razóns de sexo, raza, relixión, nacionalidade…
QUINTA. As escollas estarán colgadas na páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es) e na do CPI San Vicente.
SEXTA. Quedarán eliminadas todas as escollas nas que o/a autor/a non poida ser identificado/a.
SÉTIMA. As persoas gañadoras serán escollidas ao chou de entre todas as participantes.
OITAVA. O premio consistirá nun lote de cinco USB que se repartirán entre as persoas gañadoras.
NOVENA. O sorteo será público e realizarase o día 17 de decembro ás 10.00 h no salón de sesións do concello.
DÉCIMA. Os/As gañadores/as do sorteo autorizan o Concello da Baña a publicar o seu nome con fins informativos en relación con este sorteo.
UNDÉCIMA. O nome das persoas gañadoras publicarase na páxina web do Concello da Baña e na do CPI San Vicente.
DUODÉCIMA. Poderán ser excluídas aquelas propostas que non resulten atractivas, interesantes e orixinais.
DÉCIMO TERCEIRA. A participación neste sorteo supón a aceptación de todas as súas bases.
CONTACTO
Tel.: 981 886 501
Fax: 981 886 616
Correo: snl.abana@gmail.com
Departamento de Lingua Galega
do CPI San Vicente