Convocatoria 2015 de cursos de lingua galega preparatorios dos Celga 2, 3 e 4

A formación, que oferta a A Secretaría Xeral de Política Lingüística, será gratuíta, contará cunha duración de 70 horas lectivas e distribuirase desde o 19 de outubro ata o 9 de decembro de 2015

O DOG núm. 159, do 21 de agosto, na páx. 34319, publica a Resolución do 17 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Nestes cursos poden participar as persoas maiores de dezaseis anos ou que os cumpran no ano natural da convocatoria. Para isto, deben presentar unha única solicitude por persoa preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou en soporte papel a través de rexistro. Teñen de prazo 15 días hábiles que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución no DOG.

A resolución provisional coas persoas admitidas, excluídas e en agarda publicarase, unha vez rematado o prazo, na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.xunta.es/linguagalega .

A oferta formativa para a provincia da Coruña queda recollida no seguinte cadro:

Provincia da Coruña
Localidade Celga 2 Celga 3 Celga 4
Carballo Lugar: IES Isidro Parga Pondal

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

Cee Lugar: IES Fernando Blanco
Horario: 20:00 a 22:00
Días: de luns a venres
Coruña, A Lugar: IES Eusebio da Guarda

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

Lugar: IES Fernando Wirtz Suárez

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

Muros Lugar: IES Plurilingüe Fontexería

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

Ordes Lugar: IES n.º 1

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

Ortigueira Lugar: IES de Ortigueira

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

Padrón Lugar: IES Camilo José Cela

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

Ponteceso Lugar: IES de Ponteceso

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

Pontes de García Rodríguez, As Lugar: IES Castro da Uz

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

Esta entrada fue publicada en Formación. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.